Empezamos o Sábado 18 cos M14 desprazándose ao CUVI a disputar un encontro fundamental na liga Sur desta categoría contra os amigos do Kaleido Vigo Rugby Club.
O equipo viaxou con 20 guerreir@s dos cales 4 eran M12 de segundo ano e con varios nenos que empezaron a xogar ao oval fai pouco tempo.
O encontro comezou con ambolos equipos tanteándose para medir as súas forzas, moitos destes xogadores son amig@s doutros anos da Selección Galega e coñecen as súas fortalezas e debilidades. Pronto a dianteira Mareante empezou a funcionar e a coller vantaxe no marcador, os nosos compañeiros de Vigo conseguiron ensaiar na primeira parte chegándose ao descanso cun 7-19 para os xogadores do equipo decano da nosa cidade, cabe destacar que este período foi moi trabado polas continuas interrupcións debido ás faltas cometidas por ambolos equipos.
Na segunda parte a estratexia cambiou, o xogo mellorou e empezouse a dar mobilidade aos 3/4 cun xogo áxil e rápido en todas as liñas medrando a cada minuto, pechando o marcador cun 12-46 nos últimos minutos do partido.
Gran triunfo que demostra o estupendo estado de forma dos nosos pequenos ata este momento. Encántanos que os duros entrenos teñan os seus froitos no campo.
É un orgullo para a nosa canteira ver a este equipo empezando a crecer e demostrando o corazón e alma do Mareantes.
De momento cóntanse todalas participacións por vitorias e aínda que hai moitas cousas que mellorar sobre todo desde o punto de vista de cumprir coas novas regras establecidas pola FGR este ano, é un equipo en progresión que estamos seguros será candidato a disputar a fase final para o campionato como nas últimas tempadas.
Se tes 11, 12 ou 13 anos, vives preto de Pontevedra e queres xogar rugby do bo .. este é o teu equipo, non o dubides.. chama ou escribe ao 609347446.
Quen chega antes?. MAREANTES
#enceplansocialpontevedra