Parecía unha fin de semana tranquila, pero temos todas as frontes abertas no Mareantes Rugby Club de Pontevedra.

Publicado el 1 de diciembre de 2023, 21:49

A nosa Escola viaxa a Lalín xunto coas súas familias o Sábado pola mañá, máis de 40 pequeñ@s rugbiers xogarán a primeira concentración do ano organizada por l@s “cracks” dos nosos amigos “abellóns”. Adestrar está ben pero o que “mola” de verdade é xogar partidos de rugby!. O Mareantes presenta xogadores M6, M8, M10 e M12… desde os 5 aos 11 anos!. Estou seguro que haberá espazo para un bo cocido nas terras do Deza ao fin da xornada.

Varios M16 e M18 desprazaranse á Coruña a xogar no precioso campo de Elviña coa Selección Galega das súas respectivas categorías. Partidos contra os curmáns asturianos na competición CESA XV que se desenvolverán ás 14:00 e 16:00 horas. Especial para nós é ter representantes na categoría M18, somos novos nela  e xa nos fixemos o noso humilde curruncho. Sentimos a baixa do noso compañeiro Sergio Rial, tremendo primeira liña de segundo ano que se lesionou na boneca a pasada fin de semana en Ferrol e non poderá debutar, terás máis oportunidades.

Os nosos maiores viaxarán a As Pontes o Domingo para xogar a 5ª xornada de Liga contra o Fendetestas. Partido difícil nun precioso campo, os xogadores branquinegros máis os reforzos de Vigo loitarán coma nos teñen acostumados co corazón do Mareantes.

A Escola, Academia e equipo Senior segue á procura de candidatos que queiran probar este deporte magnífico, tendes as portas abertas do noso Club e contades cos mellores adestradores para formarvos, ademais sabedes que probar non custa nada. É moi fácil, só tedes que escribir ou chamar ao 609347446 e subir ao noso campo en Monteporreiro os Luns ou os Venres de 19:00 a 20:30 horas.

Quen chega antes?. MAREANTES

#enceplansocialpontevedra