NOVA FIN DE SEMANA PARA O NOSO RUGBY EN PONTEVEDRA

Publicado el 25 de enero de 2024, 17:02

Axenda apertada para a fin de semana do Mareantes Rugby Club de Pontevedra.
Os nosos “enormes” M14 visitan con algunhas baixas aos nosos veciños do PRC no campo que compartimos de Monteporreiro o sábado ás 12:15 pm.
Esta sería a oitava xornada do campionato da Liga Galega, o Mareantes segue invicto e loitará para continuar con ese status tralo derby. É de apuntar que a Boa Vila de Pontevedra é a única cidade da Comunidade Autónoma con dous Clubs de Rugby presentes nas categorías de Academia e Senior, a canteira de ambos os clubs unidas constitúe a maior de Galicia por encima de cidades que nos triplican en habitantes. Iso demostra a importancia que ten este deporte na sociedade da capital e o bo traballo que se está desenvolvendo, aínda así temos a obrigación de poñelo máis en valor se cabe e para iso precisamos que continue o apoio das institucións da cidade para que este esforzo siga dando os froitos desexados. Contamos con iso!.
Os M16 con tamén baixas importantes nas súas filas visitan Santiago de Compostela para disputar o último partido da fase regular de Liga Galega contra o equipo froito da asociación de Santiago RC – CR Campus Ourense, o partido se disputará no campo da USC o Sábado ás 17:00. Ese mesmo día haberá partidazos para dirimir as restantes posicións que disputarán a fase final do campionato cos encontros entre Vigo RC vs CRAT e CR Ferrol vs Unión do Norte. Esta Liga está a ser das máis interesantes dos últimos anos con xogador@s que se coñecen moito, moita intensidade e bo rugby.
Os Senior viaxarán a Lalín para disputar o partido aprazado do 5 de Novembro da liga Senior Territorial de Rugby, equipo en formación o noso que debe mellorar e mostrar fortaleza nas duras terras dezanas. En espírito e actitude ninguén nos gaña.
Únete, chama ou escribe ao 609347446.
Quen chega antes?. MAREANTES
www.mareantesrugbypontevedra.es

#enceplansocialpontevedra