Esta fin de semana a actividade rugbística continua e teremos actividades diferentes pero moi interesantes para tod@s.
Primeiro, os tres grandes partidos internacionais das VI Nacións que poderedes ver no noso Local Social(@el_local_ ) aberto a todo o público afeccionado ao rugby co Francia- Irlanda do Venres e o Italia-Inglaterra xunto o Gales -Escocia do Sábado, boa bebida e compañía na Rúa San Nicolás.
O Sábado temos participación nos adestramentos da Selección Galega das categorías M16 e M18, moitos convocados de ambolos equipos desprazaranse a Acea dá Má e A Estrada para tentar continuar axudando a avanzar no CESA XV do 2024 á nosa Galicia.
Ás 13 horas dese mesmo Sábado os nosos M14 viaxan a Coruña a ter un adestramento conxunto co CRAT e CR Ferrol, vai ser o primeiro encontro dos líderes das ligas sur e norte, estes acontecementos son moi importantes para que nen@s que se van a enfrontar en multitude de ocasións ao longo da súa vida deportiva empecen a coñecerse, facer amizade e por qué non competir un pouco co balón oval debaixo do brazo.
Os Clubs presentes participarán na iniciativa solidaria “Cintas de esperanza” promovida pola Asociación Española Contra o Cancro (@contraelcancer.pontevedra) para visibilizar a loita contra unha enfermidade que non distingue cores nin escudos, elixe a todos por igual e é unha loita que nos compete a todos.
Para iso os participantes levaremos unha cinta verde en forma de brazalete durante toda a xornada.
Os M14 participarán noutro adestro previo para o CESA XV o Domingo polo que estarán ocupados durante toda a fin de semana.
Ti podes formar parte do noso equipo e axudarnos a crecer. Chama ou escribe ao 609347446
Quen chega antes?. MAREANTES
www.mareantesrugbypontevedra.es
#enceplansocialpontevedra