A próxima fin de semana chega un dos momentos álxidos da tempada coa celebración da IV Concentración de Escolas de Rugby de Galicia 2023/24 organizada polo Mareantes Rugby Club de Pontevedra.
Mais de 350 nenas e nenos dende os 6 aos 12 anos, de 14 Clubs de Galicia xuntaranse nos Campos Manolo Barreiro 1 de Pontevedra para xogar ao que máis lles gusta, que é xogar ao rugby. Gracias ao Concello de Pontevedra e especialmente a seu Servizo de Deportes por axudarnos na organización dun encontro tan importante para nós.
O evento comezará ás 11 am cos primeiros partidos e teminará preto das 3 pm coa entrega de recordos aos participantes. Dispoñeremos de cantina, comida, bebida,música e diversión esperando que a choiva nos respecte un pouquiño.
É un momento magnífico para que os vosos nen@s se achéguen a ver como é este deporte e porque non, unirse ao Decano do rugby pontevedrés.
Animádevos a vir!.
#enceplansocialpontevedra
Á mesma hora 6 integrantes dos nosos equipos M16 e M18 estarán a disputar en Valladolid as finais do Campionato de España de Seleccións Autonómicas representando a Galicia, partidos contra Aragón na disputa do 1er posto en M16 e contra Navarra 3er e 4º posto da M18, o que aínda nos fai estar aínda máis orgullosos, demostrando que o traballo de canteira que estará en Pontevedra dá os seus froitos.
O Sábado xa comezará a quentarse o ambiente coa disputa da Xornada 12 da Liga Galega Senior con noso equipo xogando na casa contra o Santiago Rugby Club, as 14:00 os blanquinegros saldrán ao campo de Monteporreiro , e despois no @el_local_ do Mareantes na Rúa San Nicolás para ver os partidos das VI Nacións co Irlanda -Gales ás 15:15 e a disputa da Copa Calcuta entre Escocia – Inglaterra ás 17:45 o Domingo termina a xornada co Francia-Italia ao terminar a nosa Concentración. Bo lugar para un tercero tempo!
Únirse e vir a facer una proba é doado , chama ao 609347446.
Quen chega antes?. MAREANTES
www. Mareantesrugbypontevedra.es
#enceplansocialpontevedra