Un estupendo e asollado Sábado esperábannos en Lalín para disputar as dúas finais da mañá.
O M14 do Mareantes comezou ás 11:00 o seu partido cun certo nerviosismo, perdendo en varias ocasión nas fases de ruck e non podendo desenvolver o seu xogo ante un bo plantado equipo de Os Ingleses. Tralo descanso e a arenga do staff os rapaces saíron máis enchufados e desenvolveron un mellor xogo que lles permitiu terminar a tempada perfecta cun pleno de vitorias, un Grand Slam!.
Os M16 comezaron o seu partido ás 12:30 ante un temible rival, o Vigo RC. O Mareantes RCP comezou adiantándose no marcador, pero foi un espellismo xa que un serio e concentrado Vigo RC comezou a desenvolver un moi bo xogo que lles fixo coller unha vantaxe importante aproveitando os erros da liña do Mareantes. Tras o descanso e cambios na organización do equipo o Mareantes chegou a empatar o partido a 24 puntos, aínda que Vigo volveu aproveitar as debilidades e nerviosismo do equipo pontevedrés terminando o partido nun 36-43 para o equipo olívico. Emocionante e disputada final desta xeración de rugbiers.
Tralo partido as familias e xogadores trasladáronse ao Local Social do Mareantes onde levaron os trofeos de campión M14 e subcampión M16 de Liga que formarán xa parte da historia do decano do rugby pontevedrés.
Quen chega antes?. MAREANTES
#enceplansocialpontevedra