Hai momentos especiais durante unha tempada de rugby e á o Mareantes tocoulle vivila esta fin de semana coa visita do equipo M12 dos Instonians Rugby Football Club de Belfast ao noso Club en Pontevedra.
Afianzouse o irmanamento dun club centenario do Rugby irlandés coa cidade de Pontevedra e en especial co Mareantes Rugby, o Instonians de Belfast xunto ao Greystones e o Monkstown de Dublin son equipos que xa levan a blanquinegra consigo.
Unha comitiva de 26 xogadores cuesando o ultimo ano de primaria mais 31 familiares participou en diversas actividades na Boa Vila e nos arredores destacando o adestramento conxunto do Venres dos nen@s de ámbolos clubs cun gran Terceiro Tempo do Venres, a invitación de Os Ingleses de Vilagarcía a participar nun mini torneo Santa Rita o Sábado onde saíron invictos( aínda que as escuadras galegas loitaron duramente e presentaron oposición), continuou cun Domingo pola Lanzada e Sanxenxo facendo surf e karts e karting.
Non nos esquezamos do “xuízo” ao que se someteu toda a comitiva o Domingo pola tarde para “premiar e castigar” o comportamento durante a fin de semana no noso Local.
A expedición rematou o Luns cunha visita guiada pola cidade onde escoitaron historias de nobres, murallas, peregrinos, piratas e Feira Franca… resultado final inmellorable.
O rugby galego sae reforzado con estas visita e así nolo agradeceron estando convidados a visitar a súa cidade cando queiramos.
A tempada está case a piques de finalizar pero aínda quedan máis sorpresas.
Quen chega antes?. MAREANTES
#enceplansocialpontevedra