Como xa é tradición este pasado Sábado o Mareantes Rugby Club de Pontevedra celebrou a súa comida anual de fin de tempada no Restaurante La Viuda na parroquia de Campañó.
Case 140 persoas da familia blanquinegra xuntáronse para compartir mesa, na mesma mesturáronse os xogadores de diferentes xeracións xunto ás súas familias e amigos para lembrar os grandes momentos vividos nesta tempada 23/24 e escoitar grandes fazañas e anécdotas do pasado.
A comida terminou cunha entrañable entrega de agasallos, premios e un xuízo sumarísimo onde botando moita cantidade de humor os entrenadores e o Presidente Roberto Juncal ( @roberjuncal ) xuzgaron “ de maneira sumarísima” aos “cracks” dos distintos equipos.
Ó agape rematou cun brinde polos éxitos futuros, lembrando aos ausentes e desexando felicidade e saúde no verán para os presentes xa que en dous meses volveremos e nos atopamos máis fortes e esperanzados que nunca.
Longa Vida ao Mareantes!.
Quen chega antes?. MAREANTES
www.mareantesrugbypontevedra.es
@res_la_viuda
@roberjuncal
E A FESTA CHEGOU OUTRA VEZ AO NOSO CLUB DE RUGBY!.
« Puxa Asturies! MAREANTES RUGBY CLUB DE PONTEVEDRA LEVA O NOSO AMADO DEPORTE Á RÚA »