MAREANTES RUGBY CLUB DE PONTEVEDRA LEVA O NOSO AMADO DEPORTE Á RÚA

Publicado el 18 de junio de 2024, 12:04

Terminando a tempada non pode faltar o día que o Mareantes Rugby Club de Pontevedra leva o noso amado deporte á rúa, esta vez desprazámonos a un lugar emblemático no centro de Pontevedra, a Praza de España.
Xogadores de todalas categorías adestraron o Venres xunto a diversos amig@s que viñeron probar. Realizaron unha demostración do divertido que é este xogo, víronse touches, melés, pases e carreiras diante de moitos curiosos que se pararon a preguntar que era ese deporte tan molón.
Ao finalizar visitamos algún dos nosos patrocinadores da zona., dámoslles unhas inmensas grazas a Petete da Cata, Sergios de As Campás, Victor do Merrys ou Charo do Bocaito . Todos son grandes sponsors que dunha maneira altruísta axúdannos cada ano para poder realizar este labor social que tanto nos gusta.
Terminamos co último Terceiro Tempo da tempada no noso Local social da Rua San Nicolás, onde nen@s e pais/nais desexámonos unhas felices vacacións de verán.. en nada estamos de volta.
Se che interesa este deporte, probao.. non perdes nada, pódese compatibilizar con outros e só tes que chamar ou escribir este verán ao 609347446, empezamos coa Academia (12-18 anos) ao final de Agosto e coa Escola (4-11 anos) en setembro!.

Quen chega antes?. MAREANTES

#enceplansocialpontevedra